CRTVG

Buscar

Tres novas vítimas da covid-19 na Coruña, Ferrol e Verín elevan o total a 818

Publicado o 17/10/2020 21:54

As vítimas son un home de 81 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario da Coruña e dous homes de 80 anos, hospitalizados en Ferrol e Verín. Ningún deles procedía de residencias de maiores.

O número de novos positivos rexistrados ata as 6 da tarde de onte é de 355 o que eleva a cifra total de casos activos a 4.745. O maior número de casos segue rexistrándose na área sanitaria de Ourense, que suma outros 97 detectados por PCR desde onte, seguida de Vigo, con 70, Santiago con 62 e a Coruña con 57. Os novos casos descenden só en Lugo e Ferrol. Nos rexistros da Consellería de Sanidade figuran tamén 290 persoas curadas desde onte. E en canto ao número de probas PCR realizadas soben por segundo día consecutivo e superan as 7.100.

En canto ás residencias de maiores descenden as cifras: hai 356 casos entres os residentes, onde non houbo novos positivos, e 137 entre o persoal, con tres casos a maiores rexistrados onte.

Noticias web

17/10/2020