Tres mozos ourensáns percorrerán Europa nunha caravana autosostible
Publicado o 11/04/2019 14:35
Contámoslles agora a aventura que acaban de iniciar tres mozos ourensáns. Percorrerán 11 países de Europa ao longo de 45 días nunha caravana autosostible. Irán ata a localidade polaca de Galitzia promovendo os atractivos turísticos da provincia de Ourense e o uso das enerxías renovables. Unha viaxe que quedará inmortalizada nun documental.
A aventura Camiños da terra arrancou da cidade das Burgas e a primeira parada será Madrid, onde serán recibidos pola embaixadora de Polonia.