CRTVG

Buscar

Tres mozos da Arquidiócese de Santiago van ser ordenados sacerdotes

Publicado o 07/07/2019 21:45

Tres mozos da arquidiócese de Santiago van ser ordenados este domingo sacerdotes polo arcebispo monseñor Xulián Barrio. A cerimonia terá lugar na igrexa de San Martiño Pinario. Os tres diáconos están a vivir estas horas previas con nervios e ilusión... Contáronnos por qué decidiron proxectar a súa vida dentro do sacerdocio e cómo valoran a escaseza actual de vocacións.

Damián e Santiago pronto poderán oficiar a súa primeira misa.

Teñen tan só 25 e 26 anos e desde hai sete proxectaron unha vida dentro do sacerdocio, din, para poder axudar os demais e como xeito de buscar a propia felicidade... influenciados tamén por algún mentor.
Eduardo ten 30 anos. Tamén sentiu a chamada do sacerdocio, cando estudaba a carreira de Dereito en Londres.
Cren que a vocación relixiosa escasea entre os máis novos porque hoxe en día "teñen demasiadas distraccións" coas posibilidades que ofrecen as tecnoloxías. En calquera caso, aseguran que a súa relación coa Internet e coas redes sociais é boa.

En toda a súa traxectoria recoñecen algún momento de dúbida... do que saíron, din, máis fortalecidos na súa fe.

 

Noticias web

07/07/2019