CRTVG

Buscar

Tres mortos en dous tiroteos nos EUA

Publicado o 03/04/2021 22:49
Tres mortos en dous tiroteos nos EUA

Tiroteo en Wilmington

Polo menos tres persoas faleceron e nove máis resultaron feridas en dous tiroteos ocorridos este sábado nas cidades de Wilmington, no estado de Carolina do Norte e de Tuscaloosa, en Alabama. O incidente en Wilmington ocorreu nunha casa á que acudiu a policía para atender unha denuncia por disparos. Os axentes descubriron que se producira un tiroteo durante unha festa. Tres persoas faleceron e outras catro tiveron que ser hospitalizadas.

Horas máis tarde cinco persoas quedaban feridas nun tiroteo no aparcamento dun bar no centro da Tuscaloosa. Todos eles foron hospitalizados.

Estes feitos súmanse a unha serie de tiroteos que están afectando os EUA nas últimas semanas e que causaron cando menos 24 mortos.