CRTVG

Buscar

Tres mortos en Portugal nunha explotación gandeira

Publicado o 02/02/2020 03:06
Tres mortos en Portugal nunha explotación gandeira

Tres persoas faleceron en Portugal e unha cuarta sufriu feridas graves ao caer por un foxo nunha explotación gandeira. Os feitos ocorreron na cidade de Santarém, ao norte de Lisboa. As vítimas mortais son tres varóns de 30, 34 e 50 anos. Ao parecer, en primeiro lugar caeu o encargado da explotación. Logo o propietario e un fillo seu cando tentaban rescatar o accidentado.

Unha vez que se deu a voz de alarma, as operacións de rescate foron supervisadas por efetivos da Garda Nacional Republicana. As autoridades investigan agora as circunstancias do accidente, no que un cuarto varón, de 20 anos, puido ser rescatado aínda que en estado moi grave.