CRTVG

Buscar

Tres mortos en Cantabria nun accidente de tráfico causado por un kamikaze

Publicado o 13/01/2018 21:29

Grave accidente de tráfico en Caviedes, Cantabria. Tres persoas morreron tras bater un coche cun turismo que circulaba en sentido contrario na A-8. Como consecuencia do brutal impacto faleceron todos os ocupantes dos vehículos implicados. As cámaras de tráfico gravaron o conductor kamikaze que tiña 48 anos e era veciño do concello cántabro de Los Corrales de Buelna. Os ocupantes do outro vehículo son, o conductor, un home de 26 anos e a copiloto, unha muller de 24. A Garda Civil abriu unha investigación para esclarecer o acontecido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/01/2018