CRTVG

Buscar

Tres mortos en accidente entre dous camións e un coche en Sant Boi (Barcelona)

Publicado o 07/04/2020 09:36
Tres mortos en accidente entre dous camións e un coche en Sant Boi (Barcelona)

Tres persoas faleceron onte á noite como consecuencia dun accidente múltiple na estrada C-245, á altura de Sant Boi de Llobregat (Barcelona), en que se viron implicados un turismo e dous camións, un dos cales se incendiou.

Segundo informou o Servei Català de Trànsit, o accidente produciuse cara ás 20:54 horas, cando un camión chocou con outro de gran tonelaxe e na colisión se viu implicado un turismo e causou a morte das tres persoas.

Varias dotacións dos Bombeiros desprazáronse ata o lugar do incendio e apagaron o lume, que ocasionou unha gran columna de fume.