CRTVG

Buscar

Tres falecidos nas estradas galegas nas últimas 24 horas

Publicado o 31/10/2019 08:35

Vinte e catro horas tráxicas nas estradas galegas, con tres falecidos. O último un peón, atropelado na autovía A-6, á altura de Begonte. A vítima era veciño de Viveiro. Ciculaba pola beiravía, sen chaleco, xa de noite.

Poucos minutos antes, ocorría este outro sinistro en Oia. Morreu o seu único ocupante, un home de 81 anos, moi coñecido na zona porque fora edil. Os dous accidentes, case á mesma hora, súmanse ao da noite anterior en Trabada. Nos tres casos, as vítimas coñecían ben a estrada, xa que eran da zona.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/10/2019