Tres mortos e dous feridos ao colapsar unha ponte na China
Publicado o 11/10/2019 14:01
O afundimento dunha ponte no leste da China deixou tres persoas mortas e outras dúas feridas. Este era o momento en que a ponte se derrubaba deixando ademais varios coches desfeitos por completo.
Segundo as primeiras investigacións, un camión con exceso de carga cruzou ilegalmente pola ponte e provocou o seu afundimento sobre unha das autoestradas máis importantes do país.