CRTVG

Buscar

Tres mortos e 25 feridos, o balance aínda provisional do incendio da nave de Badalona

Publicado o 10/12/2020 21:26

En Badalona, 3 persoas morreron no incendio dunha nave na que se refuxiaban unhas 200 persoas sen fogar. Ducias de superviventes e colectivos antirracistas concentráronse a última hora da tarde na cidade pedindo medindo unha vida digna, vivenda e traballo. Durante o acto de protesta gardouse un minuto de silencio polas vítimas do incendio.

A cifra de vítimas é provisional, porque mañá comezarán a desmontar a nave e non se descarta que haxa máis falecidos entre os refugallos. 

Unha persoa intenta fuxir das lapas. Algunhas mesmo saltaban polas ventás para non queimarse. Pasaban das 9 da noite e os bombeiros rodeaban xa este edificio de Badalona. Pero o lume parecía imposible de apagar.

"Cando chegamos habia varias persoas feridas basícamente porque saltaron dende as ventás. Os bombeiros rescatamos a unhas 30 perosas", explica David Borrell, xefe do operativo de bombeiros da Generalitat. 

30 dotacións de bombeiros traballaron durante horas para conseguir extinguir o incendio e despois arrefriar o edificio. Ata o momento localizáronse 3 cadáveres pero non se descarta que haxa máis mortos. A situación da nave non permite ainda unha inspección a fondo. Houbo 4 colapsos e terán que desmontala peza a peza para evitar accidentes.

"Agora mesmo non temos información de se pode haber máis xente no interior. A inspección interior tal como está a estructura é moi complexa".

"Rexistráronse ata catro colapsos parciais no interior, un deles cinco minutos despois de que os bombeiros estiveran dentro", confirma o conselleiro do Interior da Generalitat. 

Ademais dos mortos hai unha vintena de feridos, 3 deles en estado crítico e 4 moi graves. Segundo as testemuñas, o incendio comezou por accidente ao caer unha vela nun colchón. Calcúlase que no lugar vivían unhas 200 persoas sen teito.

O Goberno catalán anunciou xa que transferirá de xeito urxente 750.000 euros ao concello de Badalona para axudar os afectados e para que se creen prazas estables para a xente sen fogar.

Noticias web

10/12/2020