CRTVG

Buscar

Tres mortos e 180 feridos ao partir en tres un avión que aterraba en Istambul

Publicado o 06/02/2020 12:55

Un avión con máis de 180 persoas a bordo partiu en tres cando aterraba nun aeroporto de Istambul. Hai tres mortos e 180 feridos, catro deles graves.

O aparello saíu da pista e caeu por un desnivel, o que fixo que partira en tres anacos. Todo indica que o temporal de vento e chuvia puido provocar o sinistro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/02/2020