CRTVG

Buscar

Tres mortos ao bater unha avioneta contra dous helicópteros preto do Everest

Publicado o 14/04/2019 20:57

Tres persoas morreron e outras tres quedaron feridas ao bater un avión pequeno que trataba de engalar contra dous helicópteros parados a trinta metros da pista, no Nepal. A avioneta non levaba pasaxeiros. Os mortos son o copiloto e dous policías que estaban na pista.

Ocorreu no aeroporto de Lukla, moi utilizado por excursionistas e escaladores como punto de partida nas expedicións ao Everest.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/04/2019