CRTVG

Buscar

Tres mortes elevan a 2.303 os falecementos por covid−19 en Galicia

Publicado o 15/03/2021 20:46
Tres mortes elevan a 2.303 os falecementos por covid−19 en Galicia

Tres mortes de persoas que contraeron a covid−19 notificadas este luns polo Sergas elevaron a 2.303 os falecementos causados pola pandemia en Galicia desde o seu inicio. O deceso da xornada de hoxe é o dunha muller de 80 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). Na véspera morreu un home de 72 no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e o día 12 unha muller de 82 na clínica viguesa Povisa. Todas estas persoas tiñan patoloxías previas, indica Sanidade. 

Noticias web

15/03/2021