CRTVG

Buscar

Tres milleiros de emigrantes inauguran, dende a Arxentina, o cruceiro 'A viaxe do retorno'

Publicado o 18/04/2019 16:40

A Federación de Sociedades Españolas da Arxentina impulsa "A viaxe do retorno", un cruceiro que lle permitirá a preto de 3000 emigrantes volver cruzalo Atlántico como fixeran hai décadas, pero agora, para volver á casa. 

Moita expectativa durante a presentación en Bos Aires da "Viaxe do retorno", unha travesía en barco que realizará o mesmo percorrido que fixeron moitos dos nosos migrantes durante o século pasado para chegar ata a Arxentina, pero agora á inversa e con tódalas comodidades dun cruceiro. Din que é para cumprir un soño, o de volver a súa patria con toda a familia.

Sair de Bos Aires, navegala costa brasileira, volver saudar Tenerife e arribar, finalmente, nun porto de España. É a viaxe que impulsan a Federación de Sociedades Españolas da Arxentina para o próximo verán austral, e onde os galegos, por número e historia, teremos un protagonismo especial.

A bordo, máis de 3000 persoas volverán ás orixes durante 21 días, con espectáculos de folclore e sabores de tódalas autonomías españolas. Ademáis, reuniranse nun libro as historias migrantes dos pasaxeiros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/04/2019