Tres meses de cadea para os donos dos cans que atacaron unha muller de 90 anos en Melide
Publicado o 07/04/2021 18:42

Condenan os donos de dous cans que atacaron unha muller de 90 anos en Melide. O xuíz imponlles 3 meses de cárcere e unha indemnización de 28.000 euros para a vítima. Os feitos ocorreron en setembro de 2019. A anciá camiñaba pola rúa cando os animais se lle botaron enriba. Non levaban correa nin bozo. E atacárona con tal brutalidade que a muller tivo que pasar por tres operacións e estar máis de tres meses no hospital para recuperarse. Estes mesmos cans xa atacaran outras persoas anteriormente.