CRTVG

Buscar

Tres menores de Nigrán, investigados por danos en 7 coches e nun 'chiringuito'

Publicado o 21/09/2021 12:47
Tres menores de Nigrán, investigados por danos en 7 coches e nun 'chiringuito'

Efectivos da Garda Civil de Baiona-Nigrán investiga tres menores como presuntos autores dun delito continuado de danos intencionados nun total de 7 coches que estaban aparcados nas inmediacións da Praia América. Tamén están acusados de provocar danos nun chiringuito que está aberto durante a época estival. Todo apunta que estes actos vandálicos se produciron de madrugada, xa que foron os propios afectados os que alertaron as forzas de seguridade despois de descubrir os danos a primeira hora da mañá.

Polo de agora son 7 casos os denunciados, pero segundo a Garda Civil poderían sumarse máis. Os vehículos presentaban patadas e golpes con algún obxecto contundente nos espellos e retrovisores. No chiringuito estragaron as cadeiras e as mesas da terraza.

A Policía Local identificou os tres mozos e instruíronse dilixencias que foron emitidas á Fiscalía de Menores de Pontevedra.

Noticias web

21/09/2021