CRTVG

Buscar

Un incendio no portal dun edificio en Vigo deixa tres intoxicados por fume

Publicado o 04/01/2019 19:17

Completamente a escuras e tinguidos de negro. Así quedaron as zonas comúns deste inmoble da avenida de Portanet en Vigo despois de que un incendio calcinase unhas pranchas de poliespán situadas nesta zona de entrada.

Porque o fume propagouse polo tiro da cheminea e polas escaleiras. E foi tal a súa intensidade que os veciños, por seguridade, tiveron que permanecer no interior das súas casas, pasando momentos de moito medo. Tres veciños tiveron que ser antendidos con problemas respiratorios.

Amais do susto e de pasar a noite preocupados, os veciños deste edifico de nove plantas cren que o lume foi provocado.

As pranchas de poliespán formaban parte do material de obra que estaban utilizando para mudar a fachada e a cuberta do edifico. Agradeden a rápida interveción dos bombeiros e pídenlle á policía que esclareza o sucedido, dado que non é a primeira vez que neste edificio pasan cousas estrañas. A última, o baleirado dos extintores.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/01/2019