CRTVG

Buscar

Tres homes a cara descuberta rouban dous millóns de euros na Casa de Moeda de México

Publicado o 07/08/2019 20:28

Espectacular roubo na Casa de Moeda, nunha das rúas máis concorridas da capital de México. Tres homes a cara descuberta conseguiron, en poucos minutos e sen disparar un só tiro, un botín de máis de dous millóns de euros en moedas de ouro puro. Fuxiron nun coche que agardaba por eles fóra e case ninguén se decatou.

A policía investiga a posible colaboración dos empregados. Dous saíron a almorzar á hora do roubo, os encargados da caixa forte tíñana aberta e os dependentes non avisaron do asalto ata que o coche dos ladróns abandonou o lugar.

Noticias web

07/08/2019