Tres galegas campioas do mundo de fútbol praia
Publicado o 17/10/2019 13:02
A selección española feminina conquistou a medalla de ouro nos Xogos Mundiais de Fútbol Praia, disputados en Doha. Éxito dunha selección con tres xogadoras galegas: Sara Tui, Carol González e Andrea Mirón.
As tres foron claves na fazaña de España, que se proclamou campioa do torneo tras superar na final a Gran Bretaña por tres goles a dous.