CRTVG

Buscar

Tres feridos, un deles grave, na colisión entre un camión e unha furgoneta en Oia

Publicado o 04/09/2019 20:12

Tres persoas quedaron feridas, unha delas de gravidade, nun accidente, ese mediodía, na localidade pontevedresa de Oia.

Contra as dúas, colidiron na PO-552, á altura do quilómetro 22, un camión e unha furgoneta, despois de que un dos vehículos invadira o carril contrario. O condutor da furgoneta, que quedou desfeita, quedou ferido leve, así como os dous acompañantes do camión. Pero o condutor deste quedou grave. Trasladáronnos ao hospital vigués de Povisa.

A Garda Civil investiga as causas do sinistro. Ata o lugar trasladáronse o GES da Guarda, conservación de estradas, a Policía Local e a Garda Civil.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/09/2019