CRTVG

Buscar

Tres feridos tras sufrir un accidente cando tentaban esquivar un can na N-525

Publicado o 29/12/2019 19:13

Tres membros dunha mesma familia tiveron que ser trasladados ao hospital de Ourense tras envorcar o coche en que ían. Aconteceu na nacional 525, á altura do concello de San Cibrao das Viñas. A condutora perdeu o control do vehículo ao facer un movemento brusco para esquivar un can. Invadiu o carril contrario, rozou contra outro coche e acabou envorcando na beiravía. Como copiloto ía a súa nai e no asento traseiro, o seu fillo de 7 anos.

Todos foron evacuados en ambulancia aínda que, en principio, as lesións non revisten gravidade. Os ocupantes do outro vehículo quedaron ilesos.

Dende Tráfico lembran que cando irrompe un animal na vía debemos reducir a velocidade e evitar movementos bruscos.


 

Noticias web

29/12/2019