CRTVG

Buscar

Tres feridos nun accidente entre tres motocicletas en Lobios

Publicado o 07/09/2019 22:02

Un dos motoristas está ferido de gravidade

Foi a de hoxe unha xornada especialmente negra para os motoristas nas estradas galegas. O condutor dunha moto quedou ferido de gravidade nun accidente múltiple en Lobios en que se viron implicadas tres motos. Unha delas, en que viaxaba unha parella de orixe belga, fixo un cambio de sentido en plena curva e chocou coas outras dúas. Foi preciso un helicóptero medicalizado para trasladar ata o hospital un dos motoristas, un mozo de 33 anos, veciño de Vigo, que foi o ferido máis grave. Tamén precisou asistencia médica o condutor belga, de 48 anos.

Noticias web

07/09/2019