CRTVG

Buscar

Tres feridos, dous deles graves, nun accidente de tráfico en Pontevedra

Publicado o 23/03/2019 10:54

Accidente grave esta noite preto de Pontevedra. Hai tres homes feridos, dous deles de carácter grave. Aconteceu esta madrugada en Santo André de Xeve.

Os peor parados no sinistro, dous mozos de entre 22 e 23 anos, circulaban nun vehículo que supostamente invadiu o carril contrario e bateu contra outro coche, por causas que se están a investigar.

Os dous feridos foron trasladados ao hospital Montecelo, mentres que o condutor do outro turismo resultou ileso. Ao lugar acudiu a Garda Civil de Tráfico, atestados e os bombeiros de Pontevedra, que tiveron que excarcerar os feridos máis graves.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/03/2019