CRTVG

Buscar

Sanidade comunica tres mortos por coronavirus en España nas últimas 24 horas

Publicado o 27/06/2020 17:18
Sanidade comunica tres mortos por coronavirus en España nas últimas 24 horas

Sanidade rexistra tres mortos por coronavirus en España nas últimas 24 horas. Os contaxios confirmados por PCR estabilízanse coa mesma cifra que o venres, 191 persoas, 72 en Cataluña a comunidade máis afectada. Na última semana as comunidades informan de 13 falecementos. A cifra total de persoas mortas con covid-19 é de 28.341.

Nos últimos sete días ingresaron nos hospitais coa infección 150 persoas, 7 delas precisaron ingreso nas UCI, 4 en Madrid.

Os casos confirmados por coronavirus en España desde o comezo da pandemia son 248.469.