CRTVG

Buscar

Tres falecidos, entre eles un neno de dous anos, na colisión de dous turismos en Alacante

Publicado o 21/07/2019 20:27

Tres persoas faleceron, entre elas un neno de 2 anos, e outras tres sufriron feridas de diversa consideración ao chocar dous turismos na autoestrada AP-7 no termino municipal do Campello (Alacante), segundo fontes de Tráfico e do Centro de Información e Coordinación de Urxencias. O accidente produciuse pasada as 15:00 horas no quilómetro 674,200 da citada vía cando por circunstancias non precisadas chocaron os dous vehículos. Como consecuencia do impacto faleceron un neno de 2 anos, ao que lle practicaron a reanimación cardiopulmonar pero non respondeu, un mozo de 25 anos e unha terceira persoa que está sen identificar. O sinistro obrigou a cortar a autoestrada en sentido Alacante. Trátase do accidente máis grave nas estradas valencianas desde xaneiro de 2018.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí