CRTVG

Buscar

Tres exemplares de rorcual común pasearon por augas galegas

Publicado o 06/08/2019 17:07

É o segundo animal máis grande do mundo: o rorcual común. Paseou por augas galegas na súa ruta habitual de sur a norte do planeta na busca de comida. Puideron verse tres exemplares de entre 16 e 19 metros que pode chegar a pesar 40 toneladas. Un avistamento habitual para os técnicos, do instituto mariño con sede no Grove. No verán, o rorcual común pasa por Galicia pola produtividade das súas augas en que comen unha especie de gamba de pequeno tamaño.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2019