CRTVG

Buscar

Tres estudantes feridos nun atropelo deliberado preto dun instituto en Toulouse

Publicado o 10/11/2017 22:02

Tres estudantes feridos nun atropelo deliberado en Francia. O condutor, que foi detido inmediatamente tras a colisión, recoñeceu que arremeteu de forma voluntaria contra os mozos cando cruzaban un paso peonil preto dun instituto de Blagnac, xunto a Toulouse.

O detido ten varios antecedentes por delitos comúns e, de feito, estaba en liberdade condicional coa obriga de tratarse dos seus problemas mentais. Confesou que tiña intención de facer algo así dende hai un mes. Dous dos feridos están en estado grave. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/11/2017