Morren tres montañeiros españois e o seu guía peruano nunha avalancha nos Andes
Publicado o 07/01/2019 21:28

Tres españois e un peruano faleceron nos Andes de Perú por mor dunha avalancha, mentres outro montañeiro español logrou sobrevivir, segundo informou hoxe a Policía Nacional do Perú aos medios locais.
O grupo trataba de subir ao Nevado Mateo, na rexión Ancash, no centro do Perú, e con máis de 5.000 metros de altura, cando os sorprendeu a avalancha o domingo.
Un dos seus compañeiros, de nacionalidade española, deu a alerta sobre o accidente e os seus corpos foron localizados na noite do domingo, segundo as fontes.