CRTVG

Buscar

Tres empresas de VTC anuncian ERES para un milleiro de traballadores

Publicado o 28/01/2019 20:15

En Barcelona, os VTC manifestáronse en defensa do seu traballo. O Goberno catalán confirmoulles que mañá vai aprobar o decreto que regula os seus servizos, e que só inclúe un tempo de precontratación de quince minutos, que o sector ve asumible. Os concellos poderán amplialo ata unha hora, pero, din desde a Generalitat, en situacións moi específicas. Á espera do que pase mañá, tres empresas de VTC anunciaron xa a súa intención de facer uns ERE, que lles afectarían a un milleiro de empregados.



 

Noticias web

28/01/2019