'Tres' e 'Eles transportan a morte', dous filmes galegos no Festival de Venecia
Publicado o 03/09/2021 14:54
Comezou esta semana o Festival de Venecia, primeira cita importante da temporada cinematográfica. Alí hai dous filmes con participación da Televisión de Galicia. Falamos de Eles transportan a morte, de Helena Girón e Samuel Delgado, e de Tres, de Juanjo Giménez.
Eles transportan a morte, ópera prima de Helena Girón e Samuel Delgado, é un filme situado na viaxe de Cristovo Colón ao novo mundo con parada nas Canarias e ollada retrospectiva á Galicia máxica.
Tres, de Juanjo Giménez, afronta a historia dunha editora de son que comeza a escoitar a súa vida con atraso.
O reto agora dos dous filmes é convencer en Venecia como altofalante con vistas ao seu encontro coa audiencia nas salas de cine.