CRTVG

Buscar

Tres detidos por unha presunta violación grupal en Blanes

Publicado o 14/08/2019 21:13

Nova violación grupal en España. Tres hormes foron detidos en Blanes, en Cataluña, por, presuntamente, violar unha moza da localidade duns 25 anos. Despois de tomarlles declaración, o xuíz deixounos en liberdade con cargos. O concello de Blanes estuda presentarse na causa como acusación particular.

A rapaza denunciou a presunta violación o domingo pola mañá. Segundo declarou coñeceu os tres homes o sábado nunha festa, e foise con un ao seu domicilio. Asegura que os outros dous seguíronos, entraron na casa e encerrárona dentro. Unha vez alí violárona, presuntamente, un tras outro.

Ás poucas horas de presentar a denuncia, os Mossos d'Esquadra detivoron os tres homes, que están en liberdade con cargos tras declarar diante do xuíz. A fiscalía acúsaos dun delito de abuso sexual con penetración, algo que certifican os informes médicos que presentou a rapaza.

O concello de Blanes convocou unha concentración contra a violencia machista e en apoio da súa veciña.
Os detidos tamén son veciños de Blanes. O xuíz impúxolles unha orde de afastamento da rapaza, e ademais reitoroulles o pasaporte para que no n fuxan do país.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/08/2019