CRTVG

Buscar

Tres detidos por unha agresión no metro de Madrid

Publicado o 20/01/2021 14:58

A Policía Nacional detivo esta mañá nunha estación do metro de Madrid, tres mozos que provocaron un incidente violento con varios pasaxeiros.

O suceso produciuse contra as seis e media da mañá cando os tres detidos lle arrearon cun cinto a un home porque pensaban que os estaba gravando.

Os mozos, de entre 18 e 24 anos, foron arrestados e trasladados á comisaría. Ademais desta agresión, a policía atribúelles a participación en varios roubos con forza que houbo esa noite nun centro comercial de Leganés.

Noticias web

20/01/2021