CRTVG

Buscar

Tres detidos por explotar laboralmente catorce persoas na provincia de Burgos

Publicado o 19/10/2021 08:40
Tres detidos por explotar laboralmente catorce persoas na provincia de Burgos

A Garda Civil detivo en Burgos tres persoas que explotaban laboralmente un grupo de catorce persoas que xa foron liberadas. As vítimas, de orixe romanesa e senegalesa, eran captadas en asentamentos precarios do sur de España con falsas ofertas de traballo.

Despois de retirarlles a documentación, as vítimas eran obrigadas a traballar na vendima sen contrato e sen recibir salario ningún. Os tres detidos nesta redada están acusados dun delito de trata de persoas.

Noticias web

19/10/2021