Tres detidos por amañar ruletas electrónicas en salóns de xogo
Axentes da Policía Nacional detiveron tres persoas por defraudar máis de 60.000 euros tras amañar ruletas electrónicas en polo menos 19 salóns de xogo de Madrid. O seu modus operandi consistía en mover a cúpula das ruletas e despois de salvar os mecanismo de alarma, lograr facer caer a bóla nos números desexados.
A investigación comezou cando presentou unha denuncia un dos responsables dunha sala de Madrid na que daba conta da detección dunha perda económica inusual na ruleta electrónica.
Presentou un informe detallado doutros salóns que rexentaba e que lle espertaban as mesmas sospeitas. Os axentes descubriron feitos das mesmas características aos denunciados, desta volta nun bingo tamén de Madrid.
Nas investigacións determinaron que os días das perdas estaban as mesmas persoas no interior dos establecementos.