CRTVG

Buscar

Tres detidos nunha operación antidroga desenvolvida en Ordes, Oroso e Arzúa

Publicado o 14/05/2018 20:56

Detidos dous homes e unha muller acusados de pertencer a un grupo criminal dedicado ao tráfico de drogas. A operación, dirixida por un xulgado de Ordes, desenvolveuse nos concellos de Arzúa, Ordes e Oroso. Neste concello a Garda Civil rexistrou as vivendas de dous dos detidos, e en Arzúa,  un establecemento hostaleiro onde comisou pequenas cantidades de distintas drogas listas para a súa venda, armas e munición.  Dous dos detidos están xa en prisión, e non se descartan novas detencións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/05/2018