CRTVG

Buscar

Tres detidos no Bolo nunha operación contra o tráfico de marihuana

Publicado o 28/02/2019 19:37

No concello ourensán do Bolo detiveron tres persoas acusadas de traficar con marihuana. Os detidos, de nacionalidade turca, mantiñan unha plantación oculta nunha nave das aforas do núcleo das Ermidas. No rexistro, a policía atopou 2.600 plantas, que suman máis de cen quilos de droga.

A operación aínda non concluíu, polo que non se desbotan novas detencións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/02/2019