CRTVG

Buscar

Tres detidos en Palma de Mallorca por desvalixar anciáns facéndose pasar por revisores de gas

Publicado o 29/01/2021 07:57

A Policía Nacional prendeu en Mallorca tres individuos por roubaren en casas de persoas maiores. Un dos detidos traballara hai tempo como revisor de gas; para entraren nas vivendas, simulaban que ían facer unha inspección.

Escollían principalmente casas de mulleres moi maiores ás que lles roubaban as xoias. A Policía cree que operaban na illa de Mallorca desde o ano 2013. 


 

Noticias web

29/01/2021