CRTVG

Buscar

Tres detidos en Marbella durante unha persecución a tiros

Publicado o 13/02/2020 13:39

A Policía Local de Marbella detivo tres homes despois dunha intensa persecución, primeiro en coche e despois a pé, en que os axentes efectuaron polo menos un disparo ao aire.

En poder dos arrestados, que tiñan antecedentes delituosos, os axentes incautáronse de varios paquetes e fundas de armas. O coche en que viaxaban os tres homes saltou un control policial e emprendeu a fuxida ata que bateu frontalmente contra outro vehículo.

Nese momento iniciouse unha persecución a pé. Os axentes da policía realizaron polo menos un disparo ao aire.

Pouco despois os tres homes foron arrestados e trasladados a dependencias policiais de Marbella. Os tres teñen antecedentes por delitos previos.

No rexistro do coche en que viaxaban os axentes descubriron 65 paquetes de azucre que están a ser analizados para descubrir se está mesturada con algún tipo de droga. Tamén había varias fundas de armas.

A condutora do coche contra o que bateron sufriu danos cervicais de carácter leve.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2020