CRTVG

Buscar

Tres detidos en El Ejido acusados de asasinar un home por narcotráfico

Publicado o 06/06/2020 11:56

A Garda Civil detivo tres persoas como presuntas autoras dun asasinato cometido en El Ejido en decembro de 2019, relacionado co tráfico de drogas. O cadáver localizouse o cinco de decembro nun camiño rural de Santa María del Águila, na provincia de Almería. Tras as probas de laboratorio e autopsia, identificouse a vítima e confirmouse que fora retida durante 28 horas, nas que sufriu feridas de arma branca e torturas.

Os individuos que agora están a disposición xudicial, terán que enfrontarse ás acusacións de detención ilegal, tenza ilícita de armas e tráfico de drogas. Ao parecer, o móbil do asasinato ten relación cunha gran cantidade de diñeiro procedente do tráfico de droga.

Noticias web

06/06/2020