CRTVG

Buscar

Tres de tres para o Obradoiro

Publicado o 27/09/2020 21:26

Obradoiro 87 - Betis 80

Como está este Obradoiro. Cando xoga ben gaña e cando o o fai a tiróns, tamén. Tres partidos, tres vitorias.

Fronte ao Betis arrancou desatado da man de Beliauskas e Daum e tomou sete puntos de vantaxe. Pero rápido baixou o nivel e posibilitou a reacción andaluza. 26-22. Ese foi o parcial do primeiro cuarto e este foi o guión do partido. Con tiróns do Obradoiro e respostas do Betis, lideradas por Harrow e sempre consentidas por unha inconsistente defensa galega.

Así foi ata os tres minutos finais, os decisivos. O marcador sinalaba daquela tres arriba para os galegos. Pero nese momentos Obradoiro apertou atrás e arriba Pozas e Birutis marcaron a diferenza. Sete puntos de Birutis nos últimos minutos, 17 en total; 23 de valoración pra Pozas. 87-80 foi o resultado.

O sábado agarda Bilbao en Miribilla e a opción de volver gañar e festexar o 8 de outubro, o día do 50 aniversario, ao fronte da clasificación da ACB.

Noticias web

27/09/2020