CRTVG

Buscar

Tres das catro asociacións de xuíces, en contra da reforma do Poder Xudicial

Publicado o 14/10/2020 08:50

Tres das catro asociacións de xuíces que hai en España cargan contra a reforma que propoñen o PSOE e mais Podemos, e só unha, Xuíces para a Democracia, considera que está xustificada como mal menor ante o bloqueo que sofre a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial.

O resto das asociacións consideran que se aumentará a politización do órgano de goberno dos xuices e mesmo teñen dúbidas sobre a súa consticucionalidade. E é que os maxistrados levan anos pedindo unha reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial, pero xustamente na dirección oposta ao que se pretende facer agora, é dicir, que os doce vocais os elixan os membros da carreira xudicial e non os partidos políticos. Algúns maxistrados mesmo consideran que esta reforma iría contra o artigo 122 da Constitución, que impón a elección de todolos vocais do consello por maiorías cualificadas. Outros opinan que a nova fórmula destruiría a confianza do cidadán no sistema, porque acentuaría o control do goberno sobre os xuices.

E a Asociación Europea de Maxistrados emitíu onte un comunicado que alerta do risco dunha influencia política indebida.

Noticias web

14/10/2020