Tres concellos de Bergantiños sitúanse á cabeza de Galicia en nivel de incidencia
Os datos seguen a ser malos en Coristanco e en Cabana de Bergantiños, tamén en Malpica, aínda que mellorou nos últimos días. Están entre os concellos coa incidencia máis alta de Galicia.
En Coristanco, cunha poboación de 6.000 habitantes, rexistráronse 80 casos nos últimos 14 días. Na Cabana a incidencia é similar, contabilizou 53 novos contaxios en dúas semanas. Hai oito concellos da comarca perimetrados. O primeiro foi Vimianzo e o último en sumarse a esta lista é A Laracha.
Así a comarca de Bergantiños non logra frear a incidencia da covid-19.
"Só saio andar, a xente véxoa coas máscaras, moita xente na rúa non hai". "Non sei, eu cumpro, os demais non sei".
Uns dubidan, pero outros téñeno claro. "Non o estamos facendo ben, hai reunións e comidas familiares e non se pode". "Eu creo que non se cumpren as medidas sanitarias".
Levan máis dunha semana perimetrados, pero segue o goteo de contaxios: "Isto é duro, eu teño unha filla na Coruña que non podo ver, á xente dálle todo igual, temos que concienciarnos de que só podemos estar cos que convivimos".
Onde melloran os datos é en Malpica, o terceiro da comarca cun incidencia por riba dos mil casos.
"Hai moitos para a poboacion pequena que é". "Hai bastantes casos, como van ao mar e están todos xuntos, pero xa lles empezaron a facer PCR aos mariñeiros". "Foi a menos, e polas rúas non hai moita xente".