Tres cociñeiros incorpóranse ao Grupo Nove
O faro da gastronomía galega. Tres cociñeiros incorpóranse ao Grupo Nove
Tres novos cociñeiros incorpóranse á travesía gastronómica do Grupo Nove, que segue rumbo á innovación, pero cun forte compromiso coa tradición e a cultura galega. Entre todos eles, hai 9 restaurantes con estrelas Michelin e 26 soles Repsol. Entrar neste selecto grupo non é doado e, inda por riba, nun momento incerto. María Varela de A Parada das Bestas afróntao con ilusión e pensa que é momento do rural
María Varela, cociñeira de A Parada das Bestas
A cociña de mercado de O Camiño do Inglés, de Ferrol, é a carta de presentación de Daniel López, que cumpre o soño de entrar no grupo e xa pensa na desescalada
Daniel López, restaurante O Camiño do Inglés
O terceiro chef que se incorpora atopámolo no Salitre, o seu segundo restaurante que xa serve a domicilio. Caco Agrasar comparte o ideario do grupo no seu longo percorrido no mundo da gastronomía
Caco Agrasar, restaurante Salitre e As Garzas
De feito Caco Agrasar non parou nin no confinamento. Traballou en varios proxectos de cociña solidaria, un deles coa oenegué do cociñeiro José Andrés.