CRTVG

Buscar

Tres ciclistas peregrinan dende Alacante para animar á doar órganos

Publicado o 02/08/2019 16:38

Toni, Vicente e Miguel percorreron os máis de mil quilómetros que separan Alacante de Compostela nunha peregrinación con mensaxe: "Doar é amar".

España é líder mundial en doazón e transplantes, pero convén non baixar a garda. Desde a Federación Alcer, de apoio aos enfermos de ril, inciden na importancia de deixar feito un testamento vital para aumentar a lista de doantes.

En España fíxéronse máis de 5.300 transplantes en 2018. 3300 foron renais, os máis demandados. Pero segue a haber máis de 4.000 persoas agardando a chegada dun doante, 88 son nenos.
 

Noticias web

02/08/2019