CRTVG

Buscar

Tres atracadores foron detidos en Cidade Real e Xaén por nove roubos con violencia

Publicado o 27/04/2020 13:33

A Garda Civil detivo tres ladróns por asaltar varios establecementos de Cidade Real durante o estado de alarma. Os delincuentes ameazaban os empregados cun coitelo xamoneiro para que lles entregasen a recadación.

Os tres detidos perpetraban os atracos tapados con máscaras, luvas e lentes de sol, e elixían os establecementos entre os que permanecían abertos durante o estado de alerta como gasolineiras, panaderías, supermercados e tendas de 24 horas. Armados cun coitelo xamoneiro, obrigaban os dependentes a entregarlles a recadación do día e despois fuxían a pé.

Nun bar da localidade manchega de Campo de Criptana levaron 1.800 euros da caixa rexistradora e das máquinas recreativas. En total están acusados de nove atracos.

Nos rexistros efectuados nos domicilios dos detidos, un deles residía na localidade xienense de Ibros, os axentes recuperaron as pezas utilizadas nos atracos e preto de 500 euros en efectivo.

Noticias web

27/04/2020