CRTVG

Buscar

Tres anos de cárcere para o chinés que creou bebés manipulados xeneticamente

Publicado o 30/12/2019 20:01
Tres anos de cárcere para o chinés que creou bebés manipulados xeneticamente

O científico chinés He Jiankui foi condenado hoxe a tres anos de prisión tras afirmar que conseguiu crear bebés manipulados xeneticamente para resistir ao VIH. O científico saltou á fama mundial a finais de 2018 cando anunciou que lograra facer este experimento.

Segundo unha nota da axencia de noticias estatal chinesa, a sentenza tamén condena a Jianku ao pagamento dunha multa 384.000 euros tras declararse culpable de editar de xeito ilegal xenes dos embrións con fins reprodutivos. O comunicado engade que deste experimento naceron tres bebés modificados.

Noticias web

30/12/2019