CRTVG

Buscar

Tres anos da morte de Ignacio Echeverría, o heroe do monopatín dos atentados de Londres

Publicado o 04/06/2020 14:17

Fai tres anos do atentado xihadista de Londres que lle custou a vida a oito persoas, entre elas o galego Ignacio Etxeberría. O coñecido como heroe do monopatín perdeu a súa vida cando trataba de deter coa súa taboa un dos atacantes.

Ignacio Echeverría foi unha das oito vítimas mortais que deixara o atentado que o 3 de xuño do 2017 perpetraran tres homes na ponte de Londres e nunha zona de ocio próxima.

Echeverría pasaba polo lugar do atentado cando regresaba de patinar cuns amigos.

Armado coa súa táboa quixo deter un dos terroristas, pero outro deles feriuno mortalmente.

A súa determinación por deter os ataques fixo que en todo o Reino Unido comezase
a falarse del como o heroe do monopatín.

A raíña Isabel condecorouno a título póstumo e o Goberno británico recoñeceu que a súa acción salvara outras vidas.

Ignacio Echeverria nacera en Ferrol e criárase nas Pontes. Os seus pais rendéronlle onte en Madrid un novo tributo, pero na intimidade polas restricións do estado de alarma.

Noticias web

04/06/2020