CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Tres alumnos do instituto de FP Paseo das Pontes, na Coruña, formaranse durante 4 meses cos irmáns Roca en Xirona

Publicado o 07/11/2016 15:24

Tres alumnos do instituto de FP Paseo das Pontes, na Coruña, serán seleccionados esta noite para formar parte dun grupo de privilexiados que se formarán durante 4 meses cos irmáns Roca no seu restaurante de Xirona. Din que están nerviosos e que poder compartir esta experiencia con estes tres cociñeiros xa é un premio.

Son os dezanove estudantes que hai semanas foron seleccionados para participar agora no proxecto gastronómico dunha entidade bancaria cos irmáns Roca.

Durante toda esta fin de semana, puideron traballar xa ao lado destes tres mestres dos fogóns.

Esta noite, darano todo nunha cea que se vai servir no hotel Hesperia Finisterre en que se vai homenaxear a gastronomía galega.

Só tres serán os privilexiados que poderán formarse durante catro meses do ano vindeiro no restaurante dos irmáns Roca, con tres estrelas Michelín.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí