CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Tremor de 3,5 graos na escala de Richter con epicentro en Triacastela

Publicado o 17/04/2017 14:05

Pasaban as doce e media da noite cando un terremoto volveu poñer en alerta os veciños de Triacastela.

O sismo foi de 3 graos e medio na escala de Richter e tivo o epicentro nesta vila onde foron moitos os veciños que o notaron. Tamén o sentiron noutros concellos como Sarria, Becerreá e Lugo.

A tranquilidade dos veciños de Triacastela volveuse ver alterada por dous terremotos que tiveron o seu epicentro na vila a uns dez quilómetros de profundidade. O primeiros deles rexistrouse contra as doce menos cuarto da noite cunha magnitude de 2,1 graos na escala de Richter e os veciños non o percibiron. Si notaron o segundo, foi pasadas as doce e media da noite e o sismo acadou os 3,5 graos de magnitude. Uns viron como lle tremía a cama e outros sentiron un forte estrondo.

O sismo fixo que aos veciños lle volvese á mente o forte terremoto que sacudiu a vila en 1997. Daquela acadara os 5,3 graos de magnitude na escala de Richter e houbera numerosas réplicas.

O tremor desta madrugada tamén se sentiu noutros moitos concellos da provincia como Sarria, Becerreá e a propia cidade de Lugo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí