CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Treito final dunha campaña do grelo que foi regular este ano

Publicado o 29/03/2018 20:56




Nestas datas comézase a pechar a campaña de grelos e toca facer balance. Os produtores din que este non foi un bo ano porque a sementeira estivo condicionada pola seca e despois viñeron os contrastes de temperatura.


Estamos a piques de rematar a campaña de grelos, un produto con moita sona en Galicia e a estrela de moitos menús do inverno, pero este ano a colleita non foi boa. Os que traballan con eles comezan a facer balance da campaña. É o caso desta empresa de Vilalba que envasa anualmente máis de 100 toneladas. Subliñan que desta volta, a seca do verán e os cambios bruscos no tempo fixeron diminuír moito a produción.

Falla a cantidade pero tamén a calidade. Ao igual que pasa con outros produtos como os cogomelos, o cambio climático, a seca e a contaminación tamén están a ter efectos negativos nos cultivos que nacen máis danados, con manchas e bichos.

Nesta empresa, que comercializa con grelos da Terra Chá, normalmente estenden a campaña ata maio, pero este ano, debido á mala colleita, prevén rematar a comezos de abril.

Telexornal Serán

29/03/2018